A Gaiteira: o patio do meu avó
Na Gaiteira, ata o ano 2001, existiu un recuncho entre edificios de máis de sete pisos, xunto ao transformador de Fenosa, onde hoxe hai un aparcadoiro dunha empresa fantástica que fai todo moi ben e está dirixida por xente moi fermosa. Naquel recuncho, sen pavimentar, que os veciños e as veciñas arranxaron como se arranxan as casas en Tijuana, ou en Nairobi: con restos de todo, madeiros, chapas, cartaces abandonados, etc., vivían catro familias e había un negocio. O negocio facía que a visibilidade do recuncho, “o patio”, como lle chamábamos moitas, fora moito maior da que o seu atractivo natural proporcionaba. Alí estaba o zapateiro. Luís. Luís o zapateiro. O pai de Luisito e de Javi